O pleno votará nomear a praza circular dos Tilos como praza do Mercado labrego

28-06-2022
praza

O mércores 29 de xuño celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Un dos temas que se leva a esta sesión é a proposta de alcaldía para nomear a praza do parque dos Tilos, como praza do Mercado labrego. No ano 2012 comezaba a funcionar este mercado nos Tilos. Dende entón realízase cada sábado con arredor dunha decena de postos e de xeito continuado. No ano 2016 rematouse a cuberta da praza na que se realiza o mercado. Coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario dende o Concello considerouse acaído recoñecer a importancia do mercado dándolle o seu nome á praza na que se ubican, un espazo importante na urbanización dos Tilos. 

Orde do día: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 27.04.2022. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 667/22 á Res 811/22). 
  3. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 BIS da le 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Dación de conta informe de reparos 2021. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía para nomear a praza do parque dos Tilos, como praza do Mercado labrego. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía sobre plan de medidas antifraude do Concello de Teo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestión dos fondos europeos. 
  7. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre reivindicación de medidas urxentes no servizo de transporte escolar de Teo. 
  8. Mocións. 
  9. Rogos e preguntas.