O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O luns 7 de febreiro remata o corte de tráfico en Calo

| compartir:

Os traballos que se están executando no entorno do colexio de Calo, na zona da Cascalleira, prorróganse ata o próximo luns 7 de febreiro polo que a prohibición de circulación no tramo comprendido entre o cruce do Pavillón de deportes de Calo e a pista de acceso ao CEIP (entrada principal) sigue vixente ata o mediodía do luns 7. 

Os autobuses de transporte escolar tanto do colexio coma do IES estarán afectados aínda para a viaxe de ida do luns 7 pero para a viaxe de volta xa terán as estradas abertas de novo. 

As persoas que leven aos nenos/as en coche pola mañá poderán aparcar coma nesta semana na zona da escola infantil de Calo ou acceder pola pista que vai por diante do colexio pero subindo dende a N-550 por Balcaide. 

Nos últimos días estívose traballando na execución dunha plataforma única en formigón dentro da obra “Camiños escolares seguros, fase I” no entorno do CEIP Igrexa de Calo. Estas tarefas obrigaron a realizar limitacións ao tráfico de vehículos que afectaron aos vehículos particulares e dun xeito especial ao transporte escolar e á liña 80715 de transporte de viaxeiros operada por Monbus. Esta limitación continúa ata o luns cando se retomará a circulación xa coas direccións definitivas. 

Unha vez terminados os traballos reabrirase o tráfico cos sentidos de circulación única que van quedar habilitados nesta zona. A Cascalleira deixa de ser de dobre dirección e pasa a ser dun único sentido de baixada dende o colexio cara a N-550.

As obras afectan tamén á liña de transporte metropolitano 80715 que deberá desviarse. Esta liña non ten servizo o sábado e domingo polo que  O itinerario alternativo para a liña 80715 consiste en que bus procedente de Luou non se desvíe cara Balcaide (no lugar de Quintáns) e siga pola estrada local Luou-Milladoiro ata o lugar de San Domingo, onde xira á esquerda cara Folgueiras-Carballal (enlazando co itinerario normal na parada de Carballal). Este desvío afecta ás paradas que o bus realiza en Mouromorto, O Castro, Cesar e A Xesta só o luns pola mañá xa que durante a fin de semana non ha

Na seguinte imaxe podes ver como quedarán os sentidos de circulación: 

sinalizacion calo

A obra "Camiños escolares seguros, fase I" forma parte do Programa de subvencións a proxectos singulares locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, no entorno do colexio de Calo. 

calo

Arquivos descargables

Attachment Size
sinalizaciondefinitiva.jpg 3.13 MB