O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O goberno teense mantén a súa dispoñibilidade a estudar solucións á problemática da Casalonga

| compartir:

O goberno teense mantén a súa disposición a estudar posibles solucións á problemática da Casalonga. Sen embargo esta disposición "será sempre ao amparo da legalidade e coas premisas legais imprescindibles para unha administración pública" indica o alcalde de Teo, Rafael Sisto.

Esta semana entraba no Concello un escrito da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos na que se pide que o pleno nomee unha comisión negociadora con Toysal e coa Xunta como observadora. Esta proposta non pode contar co amparo do goberno municipal "agás esa comisión negociadora asuma as premisas que se estableceron na comisión creada xa por este tema no Concello e que xa se comunicaron á Xunta de Galicia e de xeito público na web municipal" destaca o alcalde.

A participación municipal en calquera conversa coa empresa Toysal e coa Xunta debe garantir a tramitación dun novo plan de restauración para a zona e a restauración dunha zona degradada pola explotación mineira e o acúmulo de residuos. A maiores calquera intervención municipal sobre os terreos da canteira "pasa, necesariamente, porque deixen de estar afectados como cuadrícula mineira ao non poder ser o Concello propietaria dunha explotación mineira como resulta obvio" reitera Rafael Sisto.

A maiores desto o goberno municipal considera "imprescindible que a Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Minas explicite se hai viabilidade de falar con Toysal, para qué serían esas conversas e se se van cumplir as condicións do Concello". Cabe lembrar que os terreos actualmente están afectados por unha concesión mineira dependente da Xunta de Galicia, única administración responsable neste momento dos dereitos de Toysal sobre o terreo. Parece lóxico pensar logo en que "debería de vir da man da Xunta liderar este proceso que demanda a Plataforma veciñal".

O goberno municipal teense non vai participar dun procedemento "sen premisas como pide a Plataforma xa que as condicións do Concello están claras e teñen un amparo xurídico ao que non podemos renunciar, precisamente por ser os representantes municipais".

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reúnese hai meses coa DX de Minas da man do ex concelleiro Manuel Parajó. Desa xuntanza parece derivar unha posibilidade de "negociación" coa empresa para solucionar a problemática na zona que pasaría por unha compra dos terreos á empresa. Esta posibilidade "resulta de difícil encaixe xurídico e económico para o Concello mais será a Xunta a que teña que liderar este proceso ao ser a administración competente en materia mineira" destaca o alcalde.

A úlitma proposta da Plataforma pedindo unha "comisión negociadora sen premisas" parece agardar que o Concello renuncie ás condicións expostas e que a "negociación" se faga no nome do Concello pero sen atender aos condicionantes da administración local.  

O goberno municipal non participará desta comisión negociadora con este plantexamento mais se alguén é capaz de presentar unha proposta concreta sobre este tema estudarase dende o punto de vista xurídico e económico.

 

 

 

canteira