O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello reitera que só negociará con Toysal se se garante o cumprimento da legalidade e está presente a Xunta

| compartir:

Diante da noticia publicada nas redes sociais por Uxía Lemus, voceira do PSdG-PSOE de Teo, na que daba a coñecer que mantivera unha xuntanza con Víctor Toca, o dono de Toysal, interesedo en buscar unha saída negociada á situación na que se atopa a súa empresa, e a vontade do PSdG de arrastras a todas as forzas políticas nese obxectivo, o goberno municipal de Teo reitera que calquera negociación debe contar con todos os actores implicados, é dicir, tamén coa D. Xeral de Minas e a Consellería de Medio Ambiente, e sempre coa presenza da Secrataria Xeral do Concello como responsable legal dos acordos que se propoñan, pois o cumprimento estrito da legalidade é unha liña vermella que o goberno municipal non traspasará. 

Para o alcalde de Teo, Rafael Sisto, esta conversa de Toysal co PSOE de Teo e a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, parece responder a unha necesidade da empresa de buscar unha saída que beneficie aos seus intereses, dada a inactividade á que se viu abocada ao requerirlle dende o Concello que cumpra as condicións da licenza.  

O goberno de Teo xa informou, tanto a través da web municipal, como nunha xuntanza coa veciñanza en Francos, que nos atopamos nun momento no que Toysal nin sequera dispón de licenza de actividade para as labores mineiras, ao incumprir as condicións esixidas. Neste momento "non semella moi intelixente facilitarlle as cousas a Toysal, polo que nos resulta bastante sorprendente esta xuntanza de Toysal co PSOE e a Plataforma veciñal". A maiores, "calquera saída suporá que a veciñanza de Teo tería que asumir as perdas económicas de Toysal, tras fracasar o seu intento de encher o Concello de merda" indica o rexedor. 

No seu día o Concello comunicoulle á Xunta as condicións para poder sentarse coa empresa e coa administración autonómica e falar dunha "posible" negociación: debe garantirse a tramitación dun novo plan de restauración para a zona e a restauración dunha zona degradada pola explotación mineira e o acúmulo de residuos. A maiores calquera intervención municipal sobre os terreos da canteira "pasa, necesariamente, porque deixen de estar afectados como cuadrícula mineira ao non poder ser o Concello propietaria dunha explotación mineira como resulta obvio" reitera Rafael Sisto. A Xunta despois desta comunicación mantivo silencio. 

Atopámonos agora diante dunha xuntanza entre actores que non teñen capacidade para cumprir coas condicións xurídicas imprescindibles para o Concello. Á vista desto, o goberno municipal reitera que está disposto a sentarse, "pero non xerando falsas expectativas por gañar un titular". O alcalde xa explicou en Francos, nunha xuntanza coa veciñanza, que "o máis honesto neste tema é explicitar as liñas vermellas de cada un antes de sentarse". 

Rafael Sisto explica tamén que "estamos algo sorprendidos de que Uxía Lemus lle queira dar osíxeno á Toysal, no momento no que a empresa ten máis complicado poder utilizar a súa actividade mineira, agora suspendida, para poder dar cobertura a un basureiro encuberto". "Lamentamos tamén que se dean este tipo de bandazos xa que son os que máis debilitan as posicións de unidade que tanto reivindica a Plataforma". 

O alcalde explica a súa postura nunha entrevista coa Ser que podes escoitar premendo aquí

 

 

 

 

lagoa