O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello e Provivenda poñen en marcha o programa Fogares

| compartir:

O Concello de Teo asinou, no primeiro trimestre do ano 2022, un convenio coa entidade Provivienda que lle permitiu por en marcha o programa Fogares no noso municipio. Trátase dunha iniciativa que permitirá habilitar seis vivendas que faciliten a inclusión social de persoas vulnerables ou en exclusión residencial. Desta forma búscase contribuír a mellorar a calidade de vida destas persoas a través do acceso a vivendas integradas na comunidade facilitando os apoios profesionais e personalizados que cada caso requira.

Son seis as vivenda que se habilitarán a través deste programa que achega apoios ás familias que buscan unha vivenda e garantías ás propietarias.

As familias beneficiarias son derivadas desde os servizos sociais municipais e a campaña de busca de vivendas está activa actualmente. Polo que as persoas interesadas en incorporar unha propiedade ao programa poden contactar a través de correo electrónico ou teléfono: lirolo@provivenda.org e 678 867 327.

Provivienda xa ten en marcha Fogares noutras localidades e o Concello de Teo quixo aproveitar esta experiencia positiva para avanzar na resposta a unha realidade constatada como é o carácter excluínte que ten o mercado libre de vivenda.

A iniciativa estará en marcha durante o ano 2022 grazas ao financiamento da Deputación da Coruña. Non obstante, o obxectivo é consolidar o programa como ferramenta para promover o exercicio do dereito a unha vivenda digna.

Fogares

Arquivos descargables

Attachment Size
programafogares.pdf 2.35 MB