O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello atende unha solicitude de reunión de Toysal

| compartir:

O Concello atende este próximo luns 10 de outubro unha solicitude de reunión tramitada dende a empresa Toysal. Na xuntanza estarán o alcalde de Teo, Rafael Sisto, acompañado da secretaria xeral do Concello e do arquitecto municipal, e pola parte da empresa asistirán Víctor Toca, o propietario, e Jorge Oruña, coordinador técnico e loxístico no grupo Toysal.

Dende a empresa, que dispón actualmente da concesión mineira Casalonga nº 6996, indican que a reunión é para falar das propostas que teñen para a zona e sobre o reinicio das actividades na canteira.

Dende o Concello reitérase que sempre se atenderán as solicitudes de reunión con persoas con actividades ou intereses no termo municipal e insístese en que a xuntanza se manterá para falar de cuestións técnicas relacionadas coa actividade na zona ou a situación administrativa na que se encontra. A empresa, na actualidade non dispón de licenza de actividade por non cumprir coas condicións da mesma.

Calquera outra cuestión relacionada cunha posible negociación entre Toysal e o Concello non se aboradará nesta xuntanza. O alcalde xa reiterou en numerosas ocasións que para falar coa empresa neses termos terían que darse unhas condicións previas que ten que garantir a Dirección Xeral de Minas polo que sería impresdincidible a presenza da Xunta de Galicia. Lembremos ademais que a competente para as concesións mineiras é a administración autonómica.

O alcalde convoca unha reunión na Casa Común de Francos o martes 11 ás 20:00 horas para dar conta desta xuntanza coa veciñanza e falar de calquera outra cuestión relacionada coa problemática da Casalonga. Hai uns meses xa se fixo esta xuntanza na zona e o rexedor comprometeuse a volver para manter esta comunicación directa e sen intermediarios.

casalonga