O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Melloras na sede do CRA

| compartir:

A concelleira de Educación, María López, visitou estes días algunhas das obras de mellora que se estiveron realizando nos centros escolares. A sede do CRA, en Solláns, é unha das instalacións nas que se fixeron varios traballos xa que algúns elementos atopábanse moi deteriorados. 

López indica que neste caso "fixemos tarefas menos vistosas pero moi necesarias para o benestar e a habitabilidade no interior do inmoble e outras máis estéticas como o bonito mural que xa se pode desfrutar na fachada". O ano pasado comezouse con esta iniciativa de facer murales de gran formato nalgunhas das escolas unitarias e neste verán fíxose en Solláns. A autora destas obras é a muralista de Teo Raquel Germeade. A fachada está a piques de rematarse a falta só de pintar o nome do centro coa mesma estética que nas outras escolas. 

A sede do CRA é o local é o centro de traballo principal do equipo directivo das escolas unitarias e de reunión e coordinación para o resto do profesorado. Nas últimas semanas fíxose o cambio de cuberta no centro e cambiouse a caldeira así como algunhas das ventás do piso superior. Estes traballos mellorarán a eficiencia enerxética do edificio que ata este momento tiña claras deficiencias. A concelleira de Educación destaca que siguen pendentes cousas como a mellora do valado que iremos acometendo o antes posible.  

Neste verán tamén se están realizando obras importantes na escola da Casalonga para reforzar a estrutura do piso superior e que poida ser usada con seguridade polo alumnado. Trátase dunha obra cun investimento algo superior aos 30.000 euros. 

 

 

murais