O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Defensa persoal súmase á oferta das escolas deportivas

| compartir:

O Departamento de Deportes, dirixido por Ignacio Iglesias, oferta unha nova escola deportiva coa chegada do novo ano, defensa persoal dirixida a persoas adultas.

Esta actividade será os sábados de 12:30 a 13:30 horas no pavillón de Calo, se hai demanda suficiente. O custo será de 20 euros por trimestre. As persoas interesadas poden presentar a ficha de inscrición na Sede Electrónica ou no Rexistro do Concello ata o 30 de xaneiro.

A ficha pode descargarse premendo aquí ou recoller nas oficinas municipais. En caso de que haxa máis solicitudes ca prazas farase un sorte público. A previsión é que a actividade funcione ata o remate do curso, en xuño.

Máis información en Deportes, no 881 9784 33 ou no correo-e deportes@teo.gal

sport

Arquivos descargables