O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comezan as andainas para mulleres "Atopándonos"

| compartir:

O Centro de Información á Muller (CIM) pon en marcha andainas para mulleres pola territorio do Concello. A través deste programa que leva o nome de "Atopándonos" faranse roteiros semanais nos que se combinará o exercicio físico pero tamén se aproveitará para traballar temas relacionados coa igualdade.

A concelleira María López destaca que "queremos buscar espazos de encontro entre as mulleres nos que se sintan cómodas e acompañadas, nos que poidamos compartir o noso tempo de lecer e nos que a comunidade exerza de sostén se o precisamos". A través deste programa búscase proporcionar un espazo seguro para as mulleres teenses ademais de xerar vínculos baseados no respecto, o bo trato e as experiencias conxuntas.

Atopándonos son andainas en feminino para atoparnos con outras mulleres, co entorno e con nós mesmas!

As andainas serán os martes, dende o 10 de maio ao 28 de xuño (agás na semana do 17 que se fará o luns 16). Alternarase horario de mañá, de 10:00 a 12:00, e de tarde, de 18:30 a 20:30. Para inscribirse hai que entrar en teo.gal/actividades e reservar a praza. Abrirase a inscrición de cada andaina na semana anterior.

Xa te podes anotar na primeira andaina! Será o martes 10 de maio ás 10:00 horas e a saída farase dende a Rúa de Francos. O percorrido será sinxelo e recoméndase vir con roupa e calzado cómodo. Inscríbite premendo aquí

Otras actividades en maio

En maio comeza tamén o programa Itaca que é unha proposta dirixida a mulleres de calquera idade que queiran aprender a xestionar as súas emocións e farase a tavés da interacción supervisada con cans. Faranse 8 sesións de 1:30 h de duración nas que se aprenderán a enfrontar situacións onde as emocións teñen un papel primordial e saber manexalas axuda a por en valor as nosas capacidades.

A actividade comeza o mércores 11 de maio e farase os mércores ata finais de xuño na Casa Común de Lampai.

Por outra banda nos Tilos vaise facer o taller Tomamos parte. Mulleres en acción de Teo. Unha actividade na que as mulleres de Teo poderán compartir as súas experiencias e promover o valor propio e a súa autonomía. Xerarase un espazo de confianza e apoio mutuo no que ser protagonistas, crear e transformar(se) para transformar o que nos rodea. As participantes deseñarán unha acción conxunta, froito das achegas de cada unha e do grupo. As mulleres temos moito que dicir e no que contribuír e “As mulleres falamos e actuamos” ofrece o espazo para iso. Presenta a oportunidade de aprender, participar, crear, apoderar e transformar de maneira conxunta.

O obradoiro comeza o vindeiro xoves 19 de maio e logo será os luns dende o 23 de maio ata o 20 xuño na biblioteca dos Tilos en horario de 18:00 a 20:00.

Se te queres inscribrir preme aquí.

andaina