O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comeza a funcionar a inscrición en liña nas actividades municipais

| compartir:

Neste mes de febreiro comeza a funcionar a inscrición nas actividades organizadas polo Concello a través da páxina web municipal teo.gal. Trátase dalgo que comezou a funcionar na web de turismo e considérase moi operativo e áxil, tanto para a usuaria coma para o persoal municipal que xestiona as actividades.

Deste xeito, o apartado da axenda da web a partir dagora terá tamén a opción de inscribirse en liña cando a actividade o requira. A covid obrigou a ter que facer inscrición previa na maioría das actividades polo que se considerou importante habilitar este novo sistema.

A primeiros de mes cargaranse a maioría das actividades co número de prazas dispoñibles e para anotarse tan só haberá que premer en inscribirse e ir cubrindo o formulario. Unha vez rematado recibirase un correo de confirmación así como información para anular a reserva se fose preciso.

As actividades que necesitas rexistro de entrada (Diverteo, escolas infantís, campamentos…) non se poderán facer por este sistema e terán que seguir utilizando o Rexistro xeral físico ou a Sede electrónica.

Este novo sistema de reserva de praza está pensado para as actividades de axenda cultural, educativa, de medio ambiente… Agardamos que esta nova mellora na web facilite o acceso ás actividades municipais o mellore a comunicación coa cidadanía.

formulario