O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario de setembro

| compartir:

O mércores 28 de setembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión votarase a proposta de participación no POS+ Adicional 2022. 2ª fase, que recolle a mellora e senda no viario de Ínsua a Espasande (Luou) así como o afirmado da estrada en Tribaldes (Bamonde). 

Por outra banda votarase unha proposta na que o Concello reclama da Deputación a ampliación da D-0205 e de seguridade viaria no núcleo da Igrexa (Luou). 

A orde do día completa é a seguinte: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 959/2022 do 21/07/2022 á 1221/2022 do 22/09/2022). 
  2. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 BIS da Ley 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  3. Proposición da alcaldía de prórroga do convenio de colaboración co Concello de Ames para  a prestación do servizo de atención temperá
  4. Aprobación da conta xeral 2021. 
  5. Ditame da aprobación inicial de transferencia de crédito. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de corrección de erros no anexo de persoal, orzamento 22. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de reclamación da ampliación da DP 0205 e de seguridade viaria no núcleo da Igrexa (Luou). 
  8. Ditame da proposta da alcaldía de participación no POS+ Adicional 2022. 2ª fase. 
  9. Ditame da mocióin do grupo municipal do PP contra a ocupación ilegal da convivencia veciñal. 
  10. Mocións. 
  11. Rogos e preguntas. 
casa concello