Volven os cabalos á carballeira polo San Martiño!

11-10-2021
san martiño

O vindeiro 11 de novembro, celebrarase na Carballeira de Francos a Feira do San Martiño. Unha tradición no Concello de Teo que data do século XV, e que fora interrumpida no 2020 por mor da pandemia.

Este ano, e con novas medidas de seguridade fronte á COVID19, retómase a feira. Así, as actividades arredor do San Martiño comezarán con antelación, dende o sábado 6 haberá concertos na carballeria. Xa na véspera do San Martiño, onde se reúnen gran cantidade de persoas arredor das polbeiras tamén se contará cun concerto músical.

Estas actuacións serán de balde e informarase do acceso e a reserva de prazas. Os carteis dos concertos publicaranse nos próximos días, na web municipal, na páxina de Turismo de Teo e nas redes sociais da institución. O día da feira, ademais do mercado de cabalos, a veciñanza poderá mercar nos postos de venda de produtos agrícolas e gandeiros, alimentación e artesanía popular. Para xantar, como vén sendo tradición, habilitarase espazo para as carpas das pulperías.

Agora, o que queda é desfrutar das actividades propias do día e ¡seguir escribindo a historia do Concello!