O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Tres olladas fotográficas para o San Martiño en redes

| compartir:

Este San Martiño verémolo en redes dende unha mirada feminista, unha mirada artística e dende o fotoxornalismo. E farémolo grazas a Charo Lopes, Noel Feáns e Óscar Corral. Unha feira tradicional con séculos de historia que queremos achegar ás redes sociais neste 2021. Dende Turismo de Teo encargan a estes tres fotógrafos unha "crónica" desa xornada, cada un dende a súa óptica persoal. 

María López, concelleira de Turismo, explica que "este ano presentamos esta iniciativa chamada Olladas do San Martiño para achegar a feira ao mundo dixital". Os fotógrafos encargados de trasladarnos o seu xeito de mirar serán o fotoxornalista Óscar Corral en instagram @oscarcorralfoto, Noel Feáns a persoa que está detrás da páxina en instagram @paisaxesgalegas e Charo Lopes en redes @umalopes.

Esta mañá os tres visitaron a carballeira de Francos, a tres días da feira, acompañados da concelleira de Turismo. 

O xoves 11 vivirán a feira dende ben cedo e irán compartindo en redes as imaxes co cancelo #SanMartiñoTeo2021. Posteriormente usaranse as imaxes dos tres fotógrafos para editar un libro de fotos sobre o San Martiño con distintas olladas. 

 

olladas do san martiño