O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo pasa a restricións de nivel máximo con data 21 de xaneiro

| compartir:

A Xunta establece, con data 21 de xaneiro, que Teo pase a nivel de restrición máximo. Esto supón: 

  • Hostalería aberta ata as 18:00 horas. 50% de aforo no exterior
  • Agrupacións de máximo 4 persoas
  • Peche establecementos comerciais: 21:30 horas
  • Restrinxida a mobilidade noctura de 22:00 a 6:00
  • O Concello queda perimetrado estando prohibido saír do Concello sen causa xustificada (laboral, escolar, administrativa, sanitaria...)

As limitacións entran en vigor ás 00:00 do 21 de xaneiro. 

Podes consultar premendo aquí as medidas que afectan ao nivel de restrición máximo no que queda Teo. 

Podes consultar aquí a normativa autonómica consolidada sobre as restricións impostas pola crise sanitaria da covid-19. 

Dende o Concello lémbrase que hai que atender as recomendacións das autoridades sanitarias de minimizar a interacción social, realizar só as actividades esenciais e ter moi presentes as medidas como o uso correcto da mascarilla ou o lavado frecuente de mans. 

mask