O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Suspéndense as escolas deportivas e pasan a facerse en liña as escolas culturais

| compartir:

As novas restricións impostas pola situación sanitaria en Teo obrigan a novas modificacións na planificacións das escolas municipais deportivas e culturais. As escolas deportivas suspéndense ata que se poida recuperar un funcionamento normal da actividade e as culturais pasan a ser en liña durante o mes de xaneiro. 

Escolas culturais en liña

Dende o Departamento de Cultura comunícase que as escolas culturais se suspenden en modo presencial durante o mes de xaneiro pero continúan coa formación en liña, a través de plataformas específicas con vídeos titoriais ou con emisiónis en directo para o alumnado. As escolas afectadas por este cambio son as seguintes: escola de artes plásticas; escola de programación, escola de teatro e escola de danza. 

Así mesmo, informan que de momento suspéndese o pago que había previsto para xaneiro nestas actividades. Aqueles que xa o tiveran adiantado pode quedar reservado como pago para outra edición, ou resolverllo poñéndose en contacto co departamento correspondente en cultura@teo.gal. Nas vindeiras semanas irase informando das novas que vaian xurdindo. 

Suspensión das escolas deportivas

Pola súa banda o Departamento de Deportes decidiu suspender as escolas deportivas, tanto de nenos/as como de persoas adultas debido ás novas restricións. A nova normativa sanitaria obriga a reducir os grupos a catro alumnos/as polo que se tomou a decisión de interromper as clases ata novo aviso. Segundo indican en canto se dean as circunstancias de saúde pública  que permitan a recuperación da actividade, enviarase unha comunicación informando das condicións da mesma.

Dende Deportes sinalan que se é posible tentaranse recuperar as horas perdidas, pero como aínda hai clases sen recuperar das que se tiveron que suspender en novembro non se sabe se será viable. 

Respecto do pago do segundo trimestre previsto para este mes de xaneiro indícase que non se faga efectivo ata que se avise dende Deportes. As persoas que o fixeran xa deben gardar o xustificante para poder pedir a devolución en caso de que o curso non se poida retomar cunha mínima normalidade nas vindeiras semanas. Para calquera dúbida podedes escribir a deportes@teo.gal 

 

 

artes plásticas