O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse os gañadores do sorteo do Recuncho cultural de Nadal

| compartir:

O paxe real das SSMM os Reis Magos de Oriente estivo esta pasada fin de semana no Recuncho Cultural de Nadal do Concello para recoller as cartas da cativada. Sen dúbida unha tarefa moi importante a poucos días de que Melchor, Gaspar e Baltasar cheguen a Teo na xornada do 5 de xaneiro. 

A rapazada de Teo puido depositar as cartas no buzón real instalado diante do Auditorio municipal. E entre todas elas fíxose un sorteo público de tres lotes de material educativo. Os premiados foros os seguintes nenos: Lucas Pedreira, Álvaro Fontán e Brais Suáres Varela. 

Dende o Departamento de Cultura felicitan aos agraciados e convídanos a achegarse ás oficinas municipais de Cultura para recoller o seu premio en horario de mañá de luns a venres. 

O Recuncho Cultural de Nadal é unha instalación na Ramallosa, diante do Auditorio, no que está o buzón real ademais dunha árbore decorada con elementos que fan referencia ao ámbito cultural: teatro, música... A luz e os adornos de Nadal completan este recuncho que as familias poden visitar durante esta época de Nadal. 

Agora queda desfrutar da Autocabalgata de Reis que se celebra o 5 de xaneiro. Durante a mañá do martes os Reis pasarán polas distintas parroquias e xa pola tarde estarán no campo da festa de Cacheiras onde recibirán aos nenos/as que poderán achegarse á zona en coche. Para acceder ao recinto é preciso ter feita a inscrición que podes formalizar premendo aquí. Quedan moi poucas prazas e pouco tempo así que bulide! 

paxe