O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Policía Local e Protección Civil salvan a vida dun home en parada cardiorespiratoria o día do San Martiño

| compartir:

A Policía Local e Protección Civil asistiron a un varón de 67 anos que entrou en parada cardiorespiratoria mentras conducía o día do San Martiño, nas inmediacións da feira. 

Onte, un pouco antes das 16:00 horas, a Policía Local e Protección Civil, que estaban no operativo organizado pola feira do San Martiño na zona da carballeira foron requerida para un servizo de emerxencia nas inmediaciónis do establecemento Bar Touceda, N550 (Francos-calo) por unha posible parada cardíaca dun varón de 67 anos no interior do seu vehículo.

Neste momentro achéganse catro policías e persoal de Protección Civil a ese punto e segundo o protocolo establecido, comezan as manobras de respiración cardiopulmonar namentras se avisa a unidade UVI móvil do 061, que se presenta tras 15 minutos de reanimación. Trala chegada dos sanitarios, comproban que o pulso é  débil, pero que aínda ten vida, polo que se traslada de inmediato ata o CHUS para posterior ingreso en UCI. 

Dende o Concello destácase o gran traballo dos axentes e o persoal de Protección Civil implicados nunha intervención no que a inmediatez foi fundamental. Esta felicitación faise extensible á labor de vixilancia e control que fixeron durante toda a feira, tanto Policía Local coma o persoal de Protección Civil e voluntarios/as. 

Desfibrilador

En relación con estas emerxencias médicas o Concello informa que se vai mercar un desfibrilador automático (DESA) para o servizo da Policía Local. A intención é que poidan utilizalo en intervencións urxentes ao poder levalo no vehículo. A rapidez é un factor fundamental para aumentar o índice de supervivencia ante unha parada cardiaca polo que se considera de moito interese esta nova dotación para o Concello. 

 

vista aerea San Martiño