O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O xulgado arquiva a denuncia de Toysal contra o alcalde, a concelleira de Urbanismo e o arquitecto municipal

| compartir:

O xulgado vén de comunicar o arquivo da denuncia presentada por Toysal contra o alcalde de Teo, Rafael Sisto, a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus e o arquitecto municipal. O xulgado de instrucción número 1 de Santiago, que leva o procedemento, acorda "o sobresemento provisorio e arquivo da presente causa". 

Podes consultar aquí o escrito do xulgado completo. 

A denuncia presentábase polos presuntos delitos de falsidade documental, prevaricación, malversación de fondos públicos e coaccións en relación á actuación do Concello sobre a custodia e mantemento do camiño público que cruza o espazo da concesión mineira Casalonga 6996. 

Despois das dilixencias practicadas polo xulgado este determina que "non apreciamos actuación delitiva nos querelados que actuaron sempre coa convicción da titularidade municipal do viario controvertido". 

O alcalde de Teo e a concelleira de Urbanismo amosan a súa satisfacción polo sentido desta comunicación xudicial e destacan que seguirán traballando, como é a súa obriga, polo ben común. 

O auto do xulgado ten prazo para recurso e dende o Concello seguirase atentos a este proceso. 

pista

Arquivos descargables