O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O labirinto de millo despídese cunha festa da esfolla

| compartir:

O labirinto de millo, situado na Torre (Cacheiras) despídese esta fin de semana cunha festa da esfolla. O sábado 2 haberá fotocol no labirinto para que as persoas que se acheguen poidan facer fotos con motivos relacionados co millo e as mazarocas. Dende Turismo de Teo convidan a subir imaxes ás redes sociais coa etiqueta #labirintodemillo #despedidalabirinto. Durante toda esta xornada na cantina haberá venda de chocolate e churros. 

O domingo 3 será o momento da festa da esfolla e haberá música e venda de churrasco e polbo na cantina. Ese día, dende as 10:00 ás 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas haberá persoal que reparta caldeiros para que as persoas que se acheguen poidan ir recollendo mazarocas. Esas mazarocas vanse secar nas vindeiras semanas e usaranse para decorar na feira do San Martiño. Estas actividades son de acceso libre e non é preciso anotarse. 

Ubicación

O labirinto de millo está situado nun espazo rural no lugar da Torre, na parroquia de Cacheiras, o que debe terse en conta para o acceso, localizando previamente esta instalación. Contará con baños públicos nas inmediacións. Entre as principais recomendacións para a súa utilización están que as crianzas deben manterse custodiadas en todo momento por responsables adultas e empregar os camiños habilitados para o paseo.

localización concreta do labirinto de millo pode encontrarse a través da aplicación de Google Maps.

labirinto