O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello habilita un aparcamento disuasorio na N-550 polo San Martiño

| compartir:

O Concello habilita un aparcamento disuasorio de balde na N-550 con autobús dende ese punto á feria do San Martiño. Os accesos á carballeira son sempre complicados nesta xornada, polo que se oferta este espazo para deixar o vehículo de balde e poder ir ata a carballeira en autobús. 

O aparcamento está na N-550, entre o restaurante Cierto Blando e o bar Tía María, concretamente na parcela nº 13 da rúa dos Irmáns Liste Forján (Ameneiro-Calo). Podes  ver a ubicación exacta premendo aquí

O servizo de traslado á carballeira funcionará dende as 09:00 ata as 18:00 horas de xeito ininterrumpido polo que terá unha frecuencia de aproximadamente 15 minutos. 

Máis información sobre a programación do San Martiño premendo aquí

Podes ver na seguinte imaxe a ubicación do aparcadoiro

mapa

bus