O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello entregará atrante para velutina os meses de marzo e abril

| compartir:

Comeza o mes de marzo e comeza a campaña de prevención e control da nespra asiática que dende hai varios anos se realiza no Concello. Durante os meses de marzo a abril farase reparto de doses de líquido atraente contra a velutina para que as persoas particulares poidan realizar trampeo nas súas propiedades. As entregas faranse os sábados na nave de Protección Civil en Lucí de 09:00 a 14:00 horas. A entrega é de balde pero é só para persoas empadroadas en Teo. Entregaráselle á veciñanza do municipio polo que se pedirá o DNI ou algún documento que xustifique a residencia. 

Dende o Servizo de Protección Civil valórase de xeito moi positivo o efecto que ten este reparto para minimizar a presenza dos niños desta especie invasora e perigosa. Co reparto do atraente facilítase que as persoas particulares elaboren as súas propias trampas para os seus xardíns e vivendas. As raíñas fundadoras desta especie invasora saen durante estas semanas da fase de hibernación na que estiveron durante o inverno. É por tanto unha tempada crucial para instalar as trampas, posto que por cada exemplar que se capture impedirase a posterior formación de niños primarios e secundarios.

En paralelo os propios operarios de Protección Civil colocarán trampas nestes meses en zonas públicas para mellorar a campaña de control da velutina. 

ciclo biolóxico da especie, que pode variar segundo a climatoloxía do ano, fai que durante marzo e abril as raíñas fundadoras de nespra velutina vaian espertando. A partir de maio constrúen os niños primarios. Durante o verán os esforzos céntranse xa na destrución dos niños. Coa chegada do outono é un novo trampeo, na fase de reprodución, previa á morte
das raíñas nais, as obreiras e os machos.

Lémbrase que para avisar da presenza de niños de nespra velutina debe chamarse ao teléfono 012 da Xunta de Galicia. 

velutina