O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello cubre o servizo de conciliación con comedor nos Tilos ata final de curso

| compartir:

O Concello, a través do Departamento de Benestar, pon en marcha un servizo de comedor temporal no colexio dos Tilos asociado ao programa de conciliación que xa viña funcionando, o Teo Coida Tilos. 

Deste xeito asúmese o compromiso coa comunidade escolar cando o Concello garantiu que se a Xunta prestaba o servizo de comedor dende o próximo curso o que resta do curso actual podería facelo o Concello. 

O servizo funcionará os meses de maio e xuño xa que está previsto poder comezar o 3 de maio. Esta conciliación funcionará en horario de 14:00 a 17:00 horas con servizo de xantar e só ata as 15:30 horas para as persoas usuarias que non fagan o xantar no centro. O custe da atención educativa é de 2 euros/día e con comida de 3,5 euros/día.

Dada a premura para a posta en marcha do servizo incluíndo a comida ábrese un prazo de inscrición inicial que vai do 26 ao 29 de abril no que as persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta no Rexistro Xeral ou a través da Sede electrónica.  

O remate do servizo será o último día lectivo do curso. Contémplase a posibilidade de usuarios/as fixas que fagan uso do servizo en días concretos de cada semana. Non se contemplan usuarios/as ocasionais para o servizo que inclúa o xantar. En caso de necesitar servizos puntuais deben consultar a dispoñibilidade no departamento de Benestar. 

Podes consultar máis datos sobre esta convocatoria como exencións ou prazos de ingresos premendo aquí

Tilos