O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Nadal con agasallos para todas as crianzas

| compartir:

Chega o Nadal e é de xustiza que todas as crianzas teñan os seus agasallos. Dende o programa de Educación Familiar, dependente da Concellaría de Benestar, quérese garantir que toda a infancia teense teña ese Nadal como só se desfruta de neno/a.

E para acadalo ponse en marcha unha campaña solidaria para que todas aquelas persoas que queiran colaborar poidan facelo dun xeito sinxelo. Pódense facer contribucións de cinco euros en Multicentro Pernas (Pontevea), a Librería d´Ana (Ramallosa) e a Vagoneta Educativa (Cacheiras), sen límite. Os vales estarán dispoñibles ata o 20 de decembro nestes locais.

O importe recadado retirarase en agasallos destas mesmas tendas. Deste xeito tamén se colabora co comercio local, que dende o primeiro momento se amosou disposto a colaborar con esta iniciativa. O concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, explica que nos Servizos Sociais debemos cubrir esta necesidade cando chegan estas festas e o ano pasado esta iniciativa tivo moi boa acollida con aportacións económicas de particulares, nalgúns casos moi destacables.

Concretamente recadáronse 1.170 euros e puidéronse mercar presentes para 52 nenos/as. Iglesias tamén destaca a importancia de dispor destes fondos para poder mercar xoguetes e agasallos novos para o que resulta fundamental a colaboración cidadá, xa que os fondos para emerxencia social priorízanse para outras necesidades básicas. Máis información sobre esta iniciativa no teléfono 981 809 707 ou escribindo ao correo-e servizossociais@teo.gal

nadal con agasallos

regalos