A Deputación oferta formación en Socorrismo en espazos acuáticos naturais

14-01-2021
praia

A Deputación da Coruña oferta formación en Socorrismo en espazos acuáticos naturais. En febreiro comeza AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica) e en setembro deste ano AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica). 

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas. 

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso dun número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello. 

Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
▪ Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas .
▪ Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas haberá que realizar unha proba física que consiste en nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de  4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

As persoas interesadas nesta formación impartida pola Deputación da Coruña, coa que poderán obter dous certificados de profesionalidade, poden contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello no correo-e: aedl@teo.gal onde lles darán máis información. O prazo de inscrición remata o 4 de febreiro

Descarga aquí o cartel informativo