O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Deportes oferta actividades de auga para este verán

| compartir:

O Departamento de Deportes vén de publicar o programa Móllate para este mes de xullo con dúas actividades de auga para este verán. Segundo explica Ignacio Iglesias, concelleiro de Deportes, "teremos unha xornada de caiac e outra de ráfting, actividades que durante os meses de inverno son máis complicados de programar". Están dirixidas a persoas maiores de 12 anos e hai que saber nadar. 

O caiac farase o xoves 22 de xullo ás 16:00 hora e o punto de encontro dos participantes será a Burga de Xermeade. O ráfting está programado para o xoves 29 de xullo ás 16:00 horas e o punto de saída serán as instalacións de Amextreme en Ribadulla, Carcacía. Para participar hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica ata o 16 de xullo. O custe de cada unha das actividades é de 5 euros por persoa. O pago farase unha vez rematado o prazo para anotarse e confirmada a praza coa concellaría de Deportes. 

As persoas asitentes deben levar bañador, toalla e zapatillas que se poidan mollar. 

Descarga aquí a ficha de inscrición das actividades do programa Móllate

 

cartel móllate

Arquivos descargables

Attachment Size
ficha inscricion mollate.pdf 113.44 KB