O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de decembro cunha moción conxunta sobre a ampliación da autovía

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 30 na sesión ordinaria do mes de decembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de plenos do Concello, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencias das persoas interesadas. Tamén se  poderá ver en liña a través da canle de YouTube do Concello premendo aquí.

Na sesión votaranse dúas propostas de modificacións de ordenanzas, unha para suspender a taxa de terrazas para o ano 2021 debido á crise sanitaria e outra para incluír os presos dos novos servizos de conciliación de tarde nos centros escolares, o Teo coida. Este servizo polo momento só se oferta no CEIP de Calo. 

No pleno tamén se prevé a aprobación dunha moción conxunta de todos os grupos da corporación sobre a ampliación da autovía AG-59 na que se demandan entradas e saídas cara A Estrada no tramo previsto ata o Rollo, no Concello da Estrada. 

Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e elementos análogos con fin lucrativos, mediante a introdución dunha Disposición Transitoria Primeira, do seguinte teor: 
 
“DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. 1.- Con carácter excepcional, debido á crise económica e social causada pola pandemia do COVID19, suspéndese a aplicación e vixencia desta Ordenanza Fiscal desde o día 01/01/2021 até o día 31/12/2021. 2.- Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo primeiro desta disposición, a Ordenanza volverá a se aplicar, a partires do 01/01/2022.” 

  1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias urxente do 14/10/2020 e ordinaria do 28/10/2020. 
  2. Dación de conta das resolución da alcaldía (da 1046/2020 á 1183/2020). 
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 Bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Dación de conta da nova composición das comisións informativas trala presentación do escrito de data 04/12/20 (R.E. número 6074) do grupo municipal do BNG. 
  5. Dación de conta do informe de morosidade do 3º trimestre do 2020. 
  6. Ratificación da resolución da alcaldía do 14.12.2020 (Res. 1145/2020): Convenio Sancións Covid-19. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos públicos con mesas e caderias e elementos análogos con fins lucrativos. 
  8. Ditame da proposta da alcladía de execución de sentenza: anulación da modificacióin do anexo do cadro de persoal do exercicio 2015 en relación coas persoas traballadoras do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento. 
  9. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Teo. 
  10. Ditame da proposta da alcaldía de acordo de inicio de expediente de reequilibrio económico do contrato de xestión de servizos das piscinas municipais do Concello de Teo.
  11. Ditame da proposta da alcaldía de desestimación da solicitude de declaración de imposibilidade parcial da execución do contrato de xestión de piscinas municipais. 
  12. Ditame da proposta da alcaldía de desestimación de solicitude de prórroga de contrato de xestión de servizos de piscinas municipais do Concello de Teo. 
  13. Moción conxunta de PP de Teo, Son de Teo, PSdeG-PSOE de Teo e BNG de Teo, sobre a ampliación da AG-59. 
  14. Mocións. 
  15. Rogos e preguntas.

 

concello