Celébrase o pleno de setembro no que se falará da canteira da Casalonga

28-09-2021
Casa Concello

O mércores 29 de setembro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

No pleno haberá un punto como dación de contas sobre as actuacións municipais en relación coas novidades que afectan á canteira da Casalonga, así como a proposta de liquidación do contrato coa empresa Aquagest/Viaqua que se fixa dende Intevención en 857.521 euros. 

Dende o Concello lémbrase que polas medidas covid o salón de plenos ten capacidade só para 20 persoas e o acceso ao mesmo farase por orde de chegada. A entrada farase só pola porta principal do Concello que se abrirá ás 19:50 horas. Lémbrase que a sesión se poderá ver en streaming premendo aquí

Orde do día: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 30/06/2021. 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 885/21 á 1025/21). 
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 Bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Dación de conta do informe de tesourería de morosidade de PMP 2º trimestre 2021. 
  5. Dación de conta do informe de intervención sobre os reparos formulados no exercicio 2020. 
  6. Dación de conta das actuacións municipais en relación coas novidades que afectan á canteira da Casalonga. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da conta xeral. 
  8. Ditame da proposta da alcaldía de liquidación definitiva do contrato coa empresa de Aquagest/Viaqua. 
  9. Ditame da proposta da alcaldía de participación no POS plus adicional 2/2021, segunda fase. 
  10. Proposición da alcaldía de aceptación de encomenda de xestión do Concello de ames e aprobación do convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá no marco da Rede Galega. 
  11. Proposición da alcaldía de aprobaicón inicial do regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal do persoal do Concello de Teo. 
  12. Mocións. 
  13. Rogos e preguntas.