O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As cacharelas só se poderán realizar en terreo privado

| compartir:

As cacharelas na víspera de San Xoán só se poden realizar en zonas e terreos privados, quedando expresamente prohibidas en espazos públicos segundo establece a orde do 28 de maio de 2021 publicada no DOG. A Fegamp enviou esta comunicación coas indicacións da Xunta de Galicia en relación á celebración das festas de San Xoán. 

As persoas que queiran facer unha cacharela poden descargar a solicitude premendo aquí

No impreso, que debe presentarse por rexistro ou por sede electrónica, indicaranse os datos persoais e de contacto do/a promotor/a da cacharela. Tamén se especificará o enderezo exacto da súa celebración. 

Así mesmo a persoa solicitante comprométese a cumprir estritamente todas e cada unha das condicións de seguridade que determinen para esa data as autoridades sanitarias e administrativas en relación coa COVID-19 (aforo, distanciamento social, etc.) e as normas de seguridade que de seguido lles lembra o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo.

Dende a Xunta de Galicia lembran que "A celebración de fogueiras de San Xoán en espazos públicos non se poderían  realizar atendendo o que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021, e mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares". Para a celebración de fogueiras en espazos privados, recomendan que os grupos sexan dun máximo de 15 persoas.

 

cacharelas

Arquivos descargables

Attachment Size
CACHARELAS_instancia COVID.pdf 68.69 KB