O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Andainas e música na oferta cultural desta fin de semana

| compartir:

A Concellaría de Cultura oferta, dentro da programación de xullo, un obradoiro de radio, youtuber e podcast este venres 16 de agosto de 11:00 a 20:00 horas na Piscina dos Tilos. A actividade, impartida por Fran Cañotas, é de balde e nela poderase aprender a crear unha radio virtual dende cero así como saber cal  é o material necesario ou o software que se precisa para comezar. Para asistir hai que anotarse escribindo a entradascultura@teo.gal. O taller está dirixido a rapazada maior de 10 anos. 

A fin de semana ten outras citas coa cultura como a VIII andaina noctura aos petróglifos teenses en colaboración co Colectivo A Rula. A ruta deste venres 16 sae ás 21:30 horas dende a Capela dos Milagres de Cornide a será á beira do Angueira. Terá unha duración aproximada de entre 2 e 3 horas e hai que levar roupa e calzado axeitado para andar. Para anotarse hai que escribir a entradascultura@teo.gal indicando os nomes das persoas que queren asistir e un teléfono de contacto. 

O sábado 17 celébrase ás 22:00 horas unha noite de observación astronómica no patrimonio arqueolóxico de Teo dende a Pedra Bicuda en Luou. Para asistir hai que escribir a entradascultura@teo.gal 

A axenda cultural destes días péchase o domingo 18 ao mediodía no campo da festa de Lucí cun concerto da Banda de Música Cultural de Teo. O acceso é libre e non é preciso reservar entrada. 

radio     cultura

 

microfono