Teo inviste en melloras nos parques infantís

29-12-2020
parques

O Departamento de Servizos Básicos, dirixido por José M. Elías, realizou melloras nos parques que están na zona da autovía que vai a Estrada. As actuacións centráronse no da Torre en Cacheiras e nos dous de Castres, en Oza. Estes últimos son dous, un destinado a nenos/as menores de 12 anos e outro para maiores desa idade. Elías explica que “tiñan bastante necesidade de arranxo con pezas bastante deterioradas polo paso do tempo”. Agora locen con cores vistosas e alegres para recibir a cativada que neste momento, máis ca nunca, precisa espazos para o esparexemento ao aire libre.

Os traballos de mellora realizounos unha empresa do sector e entre os tres espazos o investimento foi algo superior aos 15.000 euros.