Preséntase na Praza dos encontros o documental "Teo, semente de vencer"

04-09-2020
teo semente de vencer

Esta tarde na Praza dos encontros, na Ramallosa, preséntase o documental "Teo, semente de vencer", un vídeo sobre os recursos socioculturais de Teo. No acto intervirán a concelleira de Cultura, Mayte Argibay, e Ignacio Seijo, director da productora Xurdir, que elaborou o traballo audiovisual. 

O acto público comeza ás 21:00 horas e o aforo será limitado seguindo as recomendacións sanitarias. Polo que as persoas interesadas en asistir deben comunicalo por correo electrónico a cultura@teo.gal. 

Nesta peza audiovisual recóllense algúns dos atractivos culturais do Concello, ademais de ter espazo para o traballo das asociacións e por en valor as tradicións. Así mesmo tamén aparecen historias de emprendedores e emprendoras de Teo amosando a riqueza da actividade económica do municipio.