O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os integrantes do Fopia manteñen unha xuntanza virtual co alcalde

| compartir:

As persoas que forman o Fopia (Foro de participación da infancia e adolescencia de Teo) mantiveron esta semana un encontro telemático co alcalde, Rafael Sisto. Nesta xuntanza os/as nenos/as puideron preguntarlle ao rexedor por aqueles temas que máis lles preocupan en relación coa crise sanitaria da Covid-19.

Neste contexto actual a infancia e adolescencia son sectores da poboación que corren o risco de ver mermados os seus dereitos e verse afectados por recortes na protección, participación, educación... Dende as Cidades Amigas de Infancia coma Teo quérese manter moi activa a participación dos/as máis pequenos/as e escoitar activamente as súas demandas e preocupacións.

A reunión co alcalde durou algo máis de hora e media e a crise sanitaria e como lle está afectando a Teo centrou moitas das preguntas. Deste xeito os/as participantes preguntaron polo número total de afectados, polo posible reparto de mascarillas, por como se está axudando ás persoas máis vulnerables con necesidades económicas... Pero tamén tiveron tempo para interesarse por temas como a formación on-line, a organización das saídas dos/as nenos/as, o apoio psicolóxico a familiares de persoas afectadas pola Covid-19, o futuro dos campamentos de verán ou cómo se realizará a desescalada. Tamén apuntaron aprendizaxes desta tempada que se poden aplicar ao futuro.

O alcalde destacou nas súas intervencións a gran resposta que están dando os traballadores municipais dos servizos esenciais como servizos sociais, policía local, proteccion civil, servizo de limpeza viaria ou recollida de lixo entre outros. Tamén destacou o papel solidario de empresas e particulares que realizaron doazóns e amosouse moi orgulloso do traballo nas residencias de maiores que hai en Teo nas que afortunadamente non se teñen dado casos polo momento.

A xuntanza foi moi positiva para ambas partes e xa buscan data para repetila.

Mentras o Fopia segue traballando coas súas dinámicas habituais, agora adaptándose á nova realidade e realizando os encontros en liña. Tes máis información sobre este traballo premento aquí

Xuntanza Fopia