O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiros de robótica para o verán na Aula de informática

| compartir:

A Aula de informática municipal organiza obradoiros de robótica para o verán de balde. Descarga aquí a ficha de inscrición. 

O primeiro baixo o título Scratch+Lego está dirixido a nenos/as empadroados/as no Concello de 8 aos 11 anos. Será do 13 ao 17 de xullo de 10 a 12 horas na Aula de informática municipal. Durante as 10 horas que dura o curso as persoas participantes construirán robots de Lego e comezarán a programar con Scratch. 

O segundo obradoiro é sobre Arduino, unha plataforma de desenvolvemento baseada nunha placa electrónica de hardware libre que incorpora un microcontrolador re-programable e unha serie de pins femia que aprenderán a recoñecer os asistentes ao obradoiro. Neste caso está dirixido a nenos/as empadroados/as de 12 aos 16 anos e celebrarase do 20 ao 24 de xullo de 10 a 12 horas. 

Inscrición 

Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición que podes descargar aquí e presentala por Sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. O prazo está aberto do 30 de xuño ao 10 de xullo para o curso de Scratch+Lego e ata o 17 para o de Arduino. As prazas ofertadas son 8 para cada un dos talleres e debe haber un mínimo de 5 inscricións para realizar a actividade. As prazas serán asignadas por orde de inscrición . 

robótica

Arquivos descargables

Attachment Size
ficha inscrición robotica VERAN.pdf 563.35 KB