O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O prazo para o pago do do imposto de vehículos remata o 1 de setembro

| compartir:

A Deputación da Coruña publicou no BOP  do 28 de abril unha Resolución en relación aos procedementos tramitados dende súa área tributaria na que se establece o novo prazo para o o pago voluntario do Imposto de vehículos de tracción mecánica. Este prazo comezará o 4 de maio e rematará o 1 de setembro.

O imposto de vehículos tiña un prazo previsto para o cobro que quedou modificaco polo Real Decreto 463/2020, de 17 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Posteriormente a Deputación publica o novo prazo, una prazo amplo que vai do 4 de maio ata o 1 de setembro en período voluntario. En caso de non pagarse neste prazo o recibo tería un recargo.

As persoas que teñen o recibo domiciliado poden estar pendentes estes días xa que o cargo na conta bancaria se fará o 31 de xullo. No caso de non telo domiciliado hai que realizar o pago co recibo que chegará por correo postal. Os envíos por correo postal chegaron durante o mes de xuño.

As persoas ás que non lle chegue o recibo ou non detecten o cobro na súa conta bancaria o 31 de xullo poden enviar un correo electrónico a intervencion@teo.gal para solicitar unha copia do recibo. Para eso deben indicar os seus datos nome e datos do vehículo. Importante lembrar que temos de prazo para facer estas xestións ata o 1 de setembro, momento no que remata o período de pago voluntario deste imposto. 

Os datos de contacto de información tributaria da Deputación, na que tamén se poden realizar estas consultas son os seguintes: o correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal e o teléfono gratuíto 900 132 204.

O Concello ten delegada a recadación dos impostos municipais na Deputación da Coruña.

 

impostos

Arquivos descargables

Attachment Size
MODIFICACION MEDIDAS TRIBUTARIAS.pdf 99.35 KB