O Concello ten abertos varios procesos selectivos para obras e xardíns (PECHADA A INSCRICIÓN)

22-06-2020
jardineria

O Concello vén de abrir varias convocatorias para a cobertura de postos temporais nas brigadas de obras, xardíns así como unha bolsa de emprego para as escolas infantís muncipais. Podes consultar a información sobre estes procesos premendo aquí

Contratacións PEL

O Concello contratará a dous xardineiros/as e tres persoas, dous oficiais de albanelería e un peón de obra pública para a brigada de obras durante cinco meses a xornada completa a través do Programa de Integración Laboral (PEL) subvencionado pola Deputación da Coruña.

O prazo para presentar a instancia e participar nestes procesos está aberto dende o 18 ao 29 de xuño de 2020 (ambos incluídos). As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento de servizos básicos municipais. A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.  

Consulta aquí a convocatoria para a cobertura de tres postos da brigada de obras con contrato temporal 

Consulta aquí a convocatoria para a cobertura de dous postos de xardineiros/as con contrato temporal

O PEL é o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes subvencionado pola Deputación da Coruña.

 

Bolsa de emprego para educadores/as nas escolas infantís municipais

O Concello tamén ten aberta a convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo. O anuncio publicouse no DOG nº 120 do 19 de xuño de 2020

Nas Bases específicas desta convocatoria especifícase que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días 22 de xuño e 6 de xullo, ambos os dous incluídos.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 73, de data 26 de maio de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.