O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello reivindica de novo un parque de bombeiros comarcal

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, vén de remitir un escrito ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento reivindicando de novo que se dote á comarca dun parque de bombeiros rematando coa discriminación á que Xunta e Deputación someten a esta zona da provincia.

Podes consultar aquí a carta completa. 

Na noite do xoves ao venres rexistrouse un incendio nun piso da zona urbana de Cacheiras ao que se desprazaron efectivos dos parques de bombeiros de Ordes e A Estrada. Sisto desca que "unha vez máis, e por sorte, non se deron as circunstancias para que o incidente acabase nunha desgraza". 

A continuación lembra que Teo conta cunha poboación de menos de 20.000 habitante polo que non ten obriga de ter un servizo de emerxencias propio, sendo esto unha obriga supramunicipal. "A situación de Teo é de absoluta discriminación respecto á maioría dos Concellos da provincia". Na provincia da Coruña hai máis de 80 concellos con cobertura dun parque comarcal soportados con financiamento da Deputación e da Xunta. Teo e comarca de Compostela, sen embargo, non conta con ese servizo "arriscándose a padecer unha desgraza irreparable pola falta de eficacia das administracións". 

O rexedor teense reclama unha solución política e administrativa que permita que o Concello de Teo teña un servizo comarcal xa. Explica que "resulta decepcionante que o 27 de abril de 2017 os alcaldes da Comarca solicitáramos este servizo por escrito, que se reservara crédito nos orzamentos da Xunta e da Deputación para a contrución dun novo parque, e dous anos despois, esteamos en similiar ou peor situación, xa que varias expectativas se truncaron". 

 

lume

Arquivos descargables

Attachment Size
Escrito ao Consorcio 2020.pdf 193.17 KB