O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello quere mercar e protexer a caballeira de Francos

| compartir:

Os orzamentos do ano 2021 do Concello de Teo, pendentes de levar a pleno nas primeiras semanas de xaneiro, levarán unha partida destinada a mercar a parte privada da carballeira de Francos coa intención de poder protexer adecuadamente as árbores históricas que forman este espazo natural, simbólico para o municipio.

Por iso, o alcalde remitiu unha carta ás persoas propietarias das parcelas nesa zona explicando o interese municipal por poder coidar ese espazo. Nos últimos anos tense avanzado en ter un plano real de propiedade das parcelas e xa se ten realizado algunha compra. Rafael Sisto, o alcalde, explica que “agora queremos dar un paso máis e poder mercar o que falta para poder realizar unha actuación integral na carballeira”.

Dende hai tempo obsérvase unha importante degradación dalgunha das árbores que forman a carballeira e precísase un plan de choque para impedir que este espazo desapareza como o coñecemos. A propia Asociación de Veciños de Francos reclama que o Concello se implique de forma decidida na preservación deste espazo de alto valor histórico e ambiental. “Hoxe estamos convencidos de que para preservar a carballeira é necesario que sexa un espazo público no que o Concello poida tomar decisións e realizar as actuacións de protección necesarias” destaca o rexedor.

Dende o Concello establécese como prezo de compra 30 euros metro cadrado e o interse por mercar as leiras comprendidas entre as estradas que rodean a carballeira. Polo que se solicita que as persoas propietarias amosen a súa conformidade ou disconformidade con esta proposta antes do 31 de xaneiro de 2021 mediante a presentación dun escrito no Rexistro Xeral do Concello. A carta que se está enviando durante estes días ás persoas propietarias xa acompaña ese modelo que debe presentarse no Concello.

San Martiño