O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello instala placas solares fotovoltaicas nos edificios municipais

| compartir:

O Concello está instalando durante estas semanas placas solares fotovoltaicas destinadas á xeración de enerxía eléctrica para autoconsumo en varios edificios municipais. Trátase dun dos investimentos subvencionados polo Instituto para la
Diversifi cación y Ahorro de la Energía (IDAE) para apoiar os proxectos que favorecen o paso a unha economía baixa en carbono.

A instalación estase facendo, actualmente, na Casa do Concello e no Auditorio Municipal Constante Liste. En cada un destes locais estase instalando unha planta fotovoltaica para consumo instantáneo de 9kW composta por un total de 32 paneis. O traballo realízase respectando as características da cuberta dos edificios, posto que un dos obxectivos
da actuación pasa por xerar o menor impacto visual posible.

“Aforro enerxético e económico”

Uxía Lemus, concelleira de Urbanismo, explica que “esta obra acadará un importante aforro enerxético, económico e en emisións GEI, xa que se trata de contar con enerxía renovable para autoconsumo”. Ademais, o excedente pasará a formar parte da rede xeral de distribución a través dun contrato coa empresa subministradora de enerxía.

Programa Teo Sostible

Esta acción é un programa piloto dentro do programa ‘Teo Sostible’ e ademais é unha iniciativa concreta contra o cambio climático e a favor da optimización real dos recursos consumidos. A enerxía das placas solares nos edifi cios nos que se están instalando recibirán varios usos, en primeiro lugar servirán para o consumo eléctrico e, en segundo lugar, utilizaranse tamén para cubrir o gasto xerado polo sistema de calefacción de cada un destes inmobles municipais, polo que o aforro que isto implica é de suma importancia para as arcas municipais de Teo.

O prazo de execución previsto para esta obra é de tres meses e o presuposto polo que se contratou a actuación é dun total de 30.000 euros. Nesta ocasión, a subvención concedida polo IDAE cubre o 80% do investimento, asumindo o Concello de Teo con fondos propios o 20% restante. Esta axuda pertence ao programa operativo FEDER de Crecemento Sostible para o período 2014-2020

Consulta aquí os datos sobre a licitación deste proxecto

placas solares