O Concello contratará a dúas persoas para o servizo de xardíns cun contrato de cinco meses a través do PEL

28-04-2020
xardineiros

O Concello contratará a dous xardineiros/as durante cinco meses a xornada completa a través do Programa de Integración Laboral (PEL) subvencionado pola Deputación da Coruña. A selección do persoal farase mediante oferta pública de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) polo que o luns 4 de maio farase a petición de perfiles de xardinería ao citado servizo para poder realizar a contratación o antes posible.

O Concello realiza as seleccións de persoal de xeito habitual por procedemento aberto. Sen embargo neste momento, dadas as circunstancias actuais provocadas polo estado de alarma, e valorando a urxencia da incorporación deste persoal acordouse optar por este sistema de selección mediante oferta pública de emprego no SPEG que resulta máis áxil e igualmente garantista. Ademais este procedemento aparece recollido tamén nas bases do PEL aprobadas pola Deputación.

As persoas seleccionadas para esta contratación deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo que coincidirá coa presentación da oferta no SPEG e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar.
e) Persoas en situación de drogodependencia.
f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
g) Persoas con fogar monoparental.
h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) Persoas vítimas de violencia de xénero.
j) Persoas sen fogar.

Para ser preseleccionado polo SPEG é imprencindible concurrir nalgunha das circunstacias anteriores, ademáis de figurar de alta como demandante de emprego, e ter entre as ocupacións solicitadas a de xardineiro/a.

A subvención do PEL recolle tamén a contratación de persoal para obras, 2 oficiais de albanelería e un peón de obra pública. Este persoal de obras contratarase máis adiante mediante un proceso de selección aberto.

O PEL é o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes subvencionado pola Deputación da Coruña.

 

depu