O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O alcalde comparece nun pleno en relación á reunión con representantes de Toysal

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 5 de agosto nunha sesión extraordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O único punto da orde do día é a comparecencia do alcalde en relación á xuntanza mantida con reprensentes da empresa Toysal o pasado venres 24 de xullo. Nos últimos días representantes do goberno municipal xa deron conta desta reunión á Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e falouse da mesma no pleno ordinario de xullo. A convocatoria do pleno extraordinario foi unha petición dos grupos da oposición, BNG e PP de Teo. 

 

concello

Arquivos descargables

Attachment Size
CONVOCATORIA PL EXTRAORD. 05.08.2020.pdf 69.94 KB