Monbus comeza a operar cos servizos da concesión de transporte de viaxeiros XG-860

18-09-2020
monbus

Monbus comeza a operar cos servizos da concesión XG-860 de transporte de viaxeiros dende mañá sábado 19 de setembro. No caso de Teo esta concesión recolle as seguintes liñas que pasan polo corredor AC-841 e que ata o dagora xestionaba A Estradense: A Estrada-Pontevea-Santiago; Santiago-Pontevea-A Estrada e Verxeles-Santiago e Santiago-Verxeles. 

Podes consultar os horarios destas liñas enviados pola empresa premendo aquí

Nos próximos días os horarios tamén estarán dispoñibles para consulta en liña na web da concesionaria. 

Calquera persoa viaxeira que necesite información pode solicitala por teléfono (982 29 29 00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais da empresa (Facebook, Twitter e Instagram).

Información de Xunta

A Xunta informa que logo do proceso de planificación e licitación dos servizos de transporte público de viaxeiros que se levou a cabo por parte da Dirección Xeral de Mobilidade dende o 19 comeza a prestación de servizos dun grupo de novos contratos dos que algún deles afecta ao Concello de Teo. 

A información destes novos servizos será accesible en todo momento para o público en xeral na web bus.gal. Igualmente, indican que proceden a editar unhas fichas informativas cos servizos que estes novos contratos prestarán no ámbito de cada concello, fichas que tamén serán accesibles para o público en xeral na web https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_DX_de_Mobilidade?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=intro.html&sub=Transporte_demanda/# e que se pode consultar premendo aquí

Incidencias

Nos últimos días estanse rexistrando no Concello numerosas chamadas informando de incumprimentos de horarios e frecuencias por parte da empresa. A pesares de que a licitación dos servizos de transporte de viaxeiros é unha responsabilidade da Xunta dende o Concello amósase preocupación por esta situación. As persoas que detecten incidencias e incumplimentos poden enviar un correo informando da situación a mobilidade@teo.gal. Deste xeito poderase facer un seguemento destes problemas e dar traslado á Xunta de Galicia dos incumprimentos.