O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mocidade programa un obradoiro de coroas vexetais de Nadal

| compartir:

A concellaría de Mocidade presenta un Obradoiro de coroas vexetais de Nadal para as vacacións escolares dentro do programa QuedaTeo. Será para a rapazada de 10 a 20 anos o mércores 23 de decembro na Casa Común de Oza. Haberá dúas quendas: de 11:00 a 12:20 horas e de 12:40 a 14:00 horas. A actividade é de balde e podes anotarte enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando o nome completo, teléfono de contacto e no caso de precisar transporte a parada de bus solicitada. As prazas adxudicaranse por orde de entrada dos e-correos. 

Nesta ocasión Mocidade traballa cunha marca de artesanía do Concello, Floriforma, adicada á arte floral, decoración e estilismo. Será a encargada de ensinarnos a realizar estas coroas de inverno que serven para adornar as vivendas nesta época de Nadal, tanto nas portas de exterior coma no interior das casas. As persoas pariticipantes só teñen que traer as gañas de aprender xa que todo o material será facilitado polo Concello. A peza que realicen poderán levala para a súa casa. 

O QuedaTeo é un programa da Concellaría de Mocidade na que se presenta unha actividade mensual para a rapazada. Sempre de balde e con servizo de bus para facilitar que nadie quede sen participar por non poder achegarse ao espazo no que se programe. Este ano téñense realizado actividades de fotografía co mobil, unha escape room, unha sesión de parkour... A idea é atender as demandas da mocidade e ecoistar cales son os seus intereses para poder ofertar actividades de ocio no seu entorno máis próximo, o seu Concello.  

coroas

Arquivos descargables

Attachment Size
obradoirocoroas_mocidade.png 6.39 MB