O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A hostalería de Teo volve á normalidade co lema Quedamos en Teo. Quedamos seguro

| compartir:

O Concello e a hostalería de Teo lanzan a campaña "Quedamos en Teo. Quedamos seguro" para xerar confianza e que a cidadanía volva a un consumo responsable. E esto coa certeza de que dende o sector se está traballando con todas as garantías sanitarias. 

A campaña arranca con dezanove establecementos adheridos e a concelleira de Promoción Económica, Iria Otero, agarda que "nos vindeiros días poidamos levar o logo da campaña a moitos máis establecementos". A iniciativa pretende crear un selo idenficativo co que os/as usuarios recoñezan os locais de Teo que implementas as recomendacións de seguridade necesarios neste momento, por eso confiamos en que o número se vaia incrementando.  

A imaxe da campaña "Quedamos en Teo. Quedamos seguro" recolle un arco da vella, un elemento relacionada coa etapa do confinamento e coa idea de que todo ía saír ben. Agora que estamos en fase de desescalada "queremos trasladar esa idea ao sector da hostalería de Teo" indica Iria Otero. 

O compromiso da campaña recolle por un lado as obrigas dos locais: planificar tarefas e procesos para garantir a distancia social así como formar as persoas traballadoras na nova planificación e no uso do material de protección e tamén as das persoas usuarias: seguir as indicacións do persoal, evitar tocar superficies ou elementos do local se non é necesario, procurar manter a distancia de seguridade e evitar tocarse a cara e tusir ou esbirrar cubríndose a boca co cóbado. 

Logo identificativo

A imaxe co arco da vella poderase ver nos locais adheridos na entrada e nas paredes dos espazos así coma no chan. Neste material haberá indicacións das novas normas de seguridade ás que todos e todas nos debemos ir acostumando. 

Nos próximos días iremos coñecendo un pouco máis aos locais participantes no facebook de Turismo de Teo: https://www.facebook.com/turismoteo. Poñeremos cara aos traballadores/as dos bares, cafeterías, restaurantes ou casas rurais de Teo que están preparados para recibirnos. Ademais coñeceremos os datos de contacto de cada un así como as condicións para o acceso como por exemplo se contan con horarios especiais ou se é preciso reserva previa. 

Os establecementos interesados en sumarse a esta iniciativa poden pedir información ou facer a solicitude enviando un correo electrónico a turismo@teo.gal ou chamando ao 981.815.700. 

Establecementos adheridos

Podes ver imaxes do Café Bar A Colmena premendo aquí

Podes ver imaxes do Bar O Atallo premendo aquí

Podes ver imaxes do Café Bar El Cruce premendo aquí

Podes ver imaxes de Casa Pernas Café Bar premendo aquí

Podes ver imaxes da Casa Grande de Cornide premendo aquí

Podes ver imaxes da Casa Rural Parada de Francos premendo aquí

Podes ver imaxes de Mu_Moradas no Ulla premendo aquí 

Podes ver imaxes de Parrillada Chaves premendo aquí

Podes ver imaxes de Pizzería La Mamma premendo aquí

Podes ver imaxes do Restaurante A Brasa premendo aquí

Podes ver imaxes do Asador Vinoteca A Veiga premendo aquí

Podes ver imaxes do Restaurante O Son do Miño premendo aquí

Podes ver imaxes do Fogar do Santiso premendo aquí

Podes ver imaxes do Rincon de Koller premendo aquí

#QuedamosenTeo #Quedamosseguro

 

 

Quedamos en Teo

Arquivos descargables