O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Habilítase a escola de programación municipal en liña

| compartir:

Debido ao estado de alarma decretado polo Goberno a raíz da pandemia do coronavirus, a Aula de Informática do Concello de Teo xunto coa empresa Rockbotic (encargada habitual da impartición das clases) quere ofrecerlle ao alumnado da Escola Cultural de Programación (Robótica),
unha plataforma virtual  para traballar en liña os contidos do obradoiro.
Esta permitirá compartir a pantalla, a través da cal, poderemos dar as clases e
resolver problemas e dúbidas ao alumnado da mesma forma que se
estivera en directo na aula.

Á marxe do servizo que tentamos manter, cremos que estas clases virtuais poden ter un efecto positivo no ánimo das crianzas, que terán a
oportunidade de comunicarse cos seus compañeiros e compañeiras a través deste medio,
ademais de realizar actividades educativas.

As clases virtuais xa están activas e a alfabetizadora dixital do Concello xa se puxo en contacto coa maioría do alumnado que está neste obradoiro para recibir as instrucións do acceso. No caso de que alguén non recibira o correo ou non conseguise entrar na plataforma, pode poñerse en contacto con ela a través do seguinte enderezo-e: auladeinformatica@teo.gal

coronavirus