O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A corporación votará a aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 1 de agosto en sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Entre outros asuntos na sesión votarase a aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incencios forestais do Concello así como unha declaración polo Día da diversidade sexual. 

A orde do día completa ten os seguintes puntos:

  1. Aprobación das actas das sesións de 26.02.20; 09.03.20; 03.06.20 e 15.06.20. 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 440/2020 á 575/2020)
  3. Dación de conta da liquidación do exercicio 2019. 
  4. Dación de conta do informe de intervención sobre os reparos formulados no exercicio 2019. 
  5. Proposición da alcaldía de aprobación inicial do suplemento de crédito (SC 01/2020). 
  6. Ditame da proposta de alcaldía de aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Teo. 
  7. Ditame da declaración institucional do Concello de Teo polo Día da diversidade sexual. 
  8. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo sobre a monarquía. 
  9. Mocións. 
  10. Rogos e preguntas. 
casa do concello