O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A corporación municipal reúnese de novo nun pleno ordinario

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 3 de xuño nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Nesta sesión plenaria, a primeira despois do estado de alarma, votarase a prórroga por un ano do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria asinada coa entidade UTE Geseco-Cespa Teo que tiña unha duración de dez anos e remata en agosto.

No pleno tamén se debaterá e votará a moción conxunta de todos os grupos que recolle as demandas da ANPA do IES sobre  os problemas que lle xera a parte do alumnado o servizo de transporte os martes pola tarde tal e como está deseñado na actualidade. Tamén chegan ao pleno mocións do BNG sobre a lingua, a necesidade dun plan de reactivación económica ou a petición de derogación da Lei Montoro. 

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 183/2020 á 439/2020).
  2. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  3. Ratificación dos decretos da alcaldía (NUM 322/2020 do 08/04/2020,NÚMS. 338/2020, 341/2020, 342/2020, 343/2020, 344/2020 DO 20/04/2020, NÚM.407/2020 DO 18/05/2020, NÚM. 412/2020 DO 19/05/2020 E NÚM. 438/2020 DO28/05/2020)
  4. Ditame da proposta da alcaldía de prórroga do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria no Concello de Teo.
  5. Ditame da moción conxunta de PSdeG-PSOE, SONDETEO, PP DE TEO e BNG, de apoio á petición da Anpa do IES de Cacheiras de solventar os problemas que sobre unha parte do alumnado de dito centro derivado do sistema actual de transporte do alumnado os martes pola tarde.
  6. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a derogación da lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilización orzamentaria e sostibilidade financieira, coñecidad como "Lei Montoro".
  7. Ditame da moción do grupo municipal do BNG para a elaboración dun Plan galego de reactivación económica.
  8. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a lingua galega.
  9. Mocións.
  10. Rogos e preguntas. 
concello

Arquivos descargables

Attachment Size
CONVOCATORIA PLENO 03.06.2020.ASDO_.pdf 73.58 KB