Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago en Teo

04-03-2020
saxo

O venres 6 de marzo ás 19:30 horas celébrase un concerto da Banda Municipal de Música de Santiago no Auditorio Municipal Constante Liste. A actuación é de balde ata completar aforo. A Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño, e os Amigos da Ópera de santiago presentarán a Gala Lírica: Da tradición á ópera. Interpretará unha selección de pezas a soprano Clara Panas acompañada de Margarita Guerra ás castañolas e o Coro Liceo de Vilagarcía (dirixido por María Domínguez).

Programa do concerto

O programa desta gala lírica: da tradición á ópera é o seguinte: 

  • José Castro CHANÉ (Santiago, 1856-1917). OS TEUS OLLOS, Letra Manuel Curros Enríquez
  • Andrés GAOS (1874-1959) Arr. J.L. Represas. ROSA DE ABRIL, (1959) Letra Rosalía de Castro
  • Rosendo MATO, Arr. S. Couceiro. LELA, Serenata de Boticarios
  • Andrés GAOS (1874-1959) Ed. J. Trillo - Inst. C. Mouriño. PROCESIÓN, Coro e Banda
  • José Castro CHANÉ (Santiago, 1856-1917) Arr. J.L. Represas. UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO, Letra Manuel Curros Enríquez

 

  • Richard WAGNER (1813-1883) Arr. C. MouriñoTANNHÄUSER, Entrada de los invitados (1845)
  • Giacomo Puccini (1858-1924) Trans. C. JanssenTU CHE DI GEL SEI CINTA, Aria da Ópera Turandot (1926)
  • Giuseppe VERDI (1813-1901) Arr. J. L. Represas. IL TROVATORE, Coro de Zíngaros (1853)
  • Giacomo Puccini (1858-1924) Trans. R. Niese. UN BEL DI VEDREMO, Aria da Ópera Madama Butterfly (1900)
  • Georges BIZET (1838-1875) Arr. C. Mouriño. CARMEN, Suite (1845)

 

I.- Les Toréadors

II.- Act. IV. nº 25. Chorus (A deux cuartos!)

III.- Les Dragons d’Alcala

IV.- Act. IV. nº 26. Marh and Chorus (Les voici!)