O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo

| compartir:

O 2 de abril, celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo (a dita celebración foi promovida como tal pola ONU no ano 2008), con este motivo, dende a Concellaría de Educación do Concello de Teo, e contando coa colaboración do Colectivo de Familias Teenses para a Neurodiversidade BolboreTEA, tiñamos previsto poñer en marcha a campaña educativa “TEO CO TEA : A EDUCACIÓN INCLUSIVA É UN DEREITO “, co obxectivo de seguir traballando en prol da inclusión e visibilidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) nos centros educativos. 

Debido á situación excepcional de Estado de Alarma na que nos atopamos, non vai a ser posible levar a cabo as distintas actividades que tiñamos previsto realizar este mes, pero seguiremos aí, apoiando dende o ámbito da educación e da cultura a todas esas familias que son un exemplo para todas nós, e coas que vimos traballando para acadar a Igualdade e a inclusión das persoas TEA, colaborando na visibilidade e na información en prol deste colectivo.

Dende esta Concellaría, e xunto coa Asociación BolboreTEA, animámosvos a todas as persoas a participar nalgunha das campañas de visibilidade que se van a levar a cabo estes días en distintos ámbitos.

https://diamundialautismo.com/

https://diamundialautismo.com/iluminalo-de-azul/

http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/arranca-la-campana-del-dia-mundial-de-concienciacion-sobre-el-autismo-2020

http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/el-2-de-abril-muestra-tu-comprension-y-solidaridad-con-las-personas-con-autismo

https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-conciencia-autismo

https://youtu.be/0QBT7b01Lh8

E lembrade por todos e todas:

#TeocoTea #euquedonacasa #diamundialdoautismo

 

autismo