O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Benestar publica as listaxes provisionais das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa

| compartir:

Benestar publica as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Podes consultar as listaxes publicadas premendo aquí. Estas listaxes teñen o carácter de provisionais polo que se abre un prazo para reclamacións. Este prazo ábrese o sábado 20 de xuño e remata o mércores 24 de xuño (ambos incluídos). Dende o departamento xa se enviou unha comunicación persoal por correo electrónico a todas as persoas solicitantes para que poidan consultar a publicación. 

As reclamacións pódense  presentar no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello, ATA O DÍA 24 DE XUÑO (ESTE INCLUÍDO) a través dunha instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.

Segundo informan dende a área de Benestar concedéronse 144 prazas (15 non empadroados/as) e quedan 26 prazas libres para o curso 20/21 en diferentes horarios. Unha vez remate o prazo de reclamacións ás listaxes provisionais realizarase unha nova comisión de baremación e publicaranse as listaxes definitivas. Dende ahí abrirase o prazo de matrícula para o curso 20/21 que este ano será de dez días naturais. Este ano os prazos desta tramitación administrativa son máis curtos do habitual polo retraso derivado do estado de alarma. 

Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados co número de rexistro de entrada no concello (nº de rexistro/20). 

As persoas que queiran consultar o seu expediente deben dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.

Máis información sobre este convocatoria premendo aquí