O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Bando da alcaldía. San Martiño 2020

| compartir:

Veciñas e veciños!

Hoxe é o San Martiño 2020, ‘un salto inevitable na nosafeira cabalar’.

Cada 11 de novembro, desde 1557 con certeza documental, a Carballeira de Francos festexa unha fermosa romaría popular xurdida ao redor da trata de gando e da compra-venda de mercadorías varias. Contan que, nestes 463 anos de vida, a feira suspendeuse só en1918, por mor do andazo da gripe española, e este ano pola pandemia da covid 19.

Ben sabemos todo o que perdemos de vivir, mais quedemos co que podemos facer: Procurar os oito cabaliños de madeira e gozar da natureza polas nosas rutas: a do Apego, a da beira do Angueira, a de Teo á Burga pasando por Agromaior, a da Batalla de Cacheiras, a das Muiñeiras, polas Ribeiras do Ulla, Per Caminho de Lampai e a do Túnel do Faramello. Dispomos até o derradeiro día do mes para buscalos,sacar unha foto e debutar montando da cabalo nunha hípica teense.

Sen faltar a tradición, comer o polbo! Hoxe vai haber seis polbeiras dispostas noutros tantos sitios do concello para mercar o cefalópodo feito e levalo para xantar na casa: na praza do mercado dos Tilos, na antiga escola de Ameneiro, fronte ao parque infantil de Montouto e nos aparcadoiros municipais de Luou, A Ramallosa e mais Pontevea. Os postos van estar abertos, como mínimo, das doce da mañá ás catro da tarde. Non vos amorear!

Por riba de todo, coidar e coidarnos!

E, tede conta de rir porque empeza a conta atrás para o SAN MARTIÑO 2021!

Teo, a 11 de novembro de 2020

Rafael C. Sisto Edreira

bando san martiño

bando

Arquivos descargables

Attachment Size
BandoAlcaldía-SM2020.pdf 240.67 KB